Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

miércoles, 25 de junio de 2014

AVISOS DE ÚLTIMA HORA

Antes de pechar por vacacións este recuncho un par de recados:
  • Xa están actulizadas as vosas presentacións, todos os problemas están resoltos. Antón, apareceu o teu sátiro, tranquilo e Xoel tamés arranxei o do teu centauro. Sintoo!
  • Durante esta semana irei subindo as recomendacións dos libros que quedaron pendentes.
  • Tamén refarei o vídeo de fin de curso para engadir algunhas fotos da despedida e algunhas outras que quedaron atrás. Os que queirades podedes facerme chegar ao cole un pen drive ou un DVD e, sen problemas, pásovos as fotos e o vídeo actulizado. O luns 30 estarei traballando na clase. Podedes concretar a visita por correo electrónico ou por teléfono. Decirvos que eu só teño whatsapp cando estou na casa, xa vedes, son tecnolóxica a medias, jejeje.
  • Manolo quere que vos informe que o voso horto estará a vosa disposición todo o mes de xullo, podédes vir ao cole a coidalo, regalo e a colleitar as vosas hortalizas cando xa estean listas. Sería unha pena que os que poidades deixedes que se estrague a colleita. Se queredes vir avisádeme antes para que avise a Maite, a conxerxe para que vos teña a porta aberta e vos bote unha man. E quen sabe igual me animo eu tamén a acompañarvos. Teñen que estar tan ricos eses tomates ecolóxicos!

1 comentario: