Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

miércoles, 18 de noviembre de 2015

TRABALLANDO CON BLOQUES MULTIBASE

Para seguir co noso empeño de sentar a base do entendemento das matemáticas de xeito manipulativo, pouco a pouco imos introducindo un material novo, esta vez tocan "Os bloques multibase".
Para que as familias poidades entender como se traballa con eles vos deixo uns vídeos.

E para que os nenos traballen con eles dende clase e dende casa, aquí tendes unhas actividades interactivas.
Ánimo e a aprender!!!!
Por agora só traballamos na aula as UNIDADES, pero hai quen se atreve coas DECENAS. Ide pouco a pouco nos xogos que están pensados para ir facendo durante todo o curso.

No primeiro xogo, hai que arrastrar dentro do rectángulo os bloques precisos para representar o número que nos indican, ao son do ritmo dos timbales. A medida que imos engadindo bloques, vanse modificando tanto o número del fondo, como os números dos timbales, á vez que se despraza a man por enriba da regra. Así, cada movemento que fai o neno represéntase visualmente de múltiples xeitos.
http://www.learningbox.com/base10/BaseTen.html
Na seguinte actividade, hai que contar o número de bloques e escoller o número que representan entre tres opcións. Se acertas, un golfiño salta pero, se te trabucas ...  unha quenlla dalle un mordisco á barca. Perdes a partida cando a quenlla cómese toda a barca. Ui, que medo!
http://www.ictgames.com/sharkNumbers/sharkNumbers_v5.html
Agora presentámovos o bingo base 10. Nel, podemos escoller para xogar unidades, decenas, centenas ou unidades de milleiro (para comezar escollemos Ones e Tens). Unha vez accedemos ao xogo, temos que observar os bloques e escoller o número correspondente da cuadrícula. Cada vez que acertemos, o número converterase nun personaxe divertido. E cando fagamos unha liña enteira de acertos, bingo! 
http://www.abcya.com/base_ten_bingo.htm

E no último xogo, han de seleccionar "whole numbers" (números enteiros) e "easy level" (nivel inicial). Entón, pasarán a unha pantalla que lles fará comparar 2 números e terán que indicar se o primeiro é igual (=), maior (>) ou menor (<) que o segundo (arrastrando o signo correspondente encima do interrogante). Cando acertasen 5 veces (e gañado 5 copas) accederán a un xogo extra no que teñen que conducir un coche e ir conseguindo todas as moedas que conteñan un número impar (odd) ou un número par (even), segundo indíquennos antes de empezar a partida (este concepto non é importante polo de agora, polo que contal de que collamos moedas darémonos por satisfeitos). O coche manéxase coas 4 frechas do teclado que indican arriba, abaixo, dereita e esquerda. Coidado con non chocar con outros coches nin pisar manchas de aceite! Nin coller moedas con número par, que explotan! E unha vez acabado o xogo, se queren volver conducir o coche, terán que realizar de novo un exercicio.
http://www.abcya.com/comparing_number_values.htm

Parte desta información está collida do blog: Aula de Elena. Grazas por compartilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario