Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

martes, 12 de abril de 2016

OUTRO XEITO DE COMUNICARNOS: LINGUA DE SIGNOS

Hoxe grazas a ANPA do cole tivemos a sorte de recibir unha pequena charla para coñecer como se comunican as persoas con xordeira.
Aprendimos unhas cantas palabras, pero como nos quedamos con ganas de máis iremos pouco a pouca aprendéndoas no cole.
Por agora, aquí tendes o ALFABETO DACTILOLÓXICO, para que aprendan a dicir os seus nomes, e o signo dalgunhas froitas (a laranxa en Galicia dise doutro xeito, a ver se o lembran).
Aquí tendes a páxina da asociación AZ, que foi a encargada de impartir os talleres. Nela podedes acceder a contos en lingua de signos, cancións, ... Incluso teñen o Himno do Celta signado, jejeje.
Por último vos deixo un corto animado: "El sueño de Pedro", unha reflexión sobre as barreiras de comunicación das persoas xordas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario