Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

miércoles, 27 de abril de 2016

SÓ RESPIRA: A BOTELLA DA CALMA


A partires do vídeo que vos presentamos os nenos e nenas de Valores Sociais e Cívicos elaboramos a nosa botella da calma, que nos axudará a relaxarnos nos momentos de enfado, angustia, rabia, ...
Queredes saber como se fai?
Aquí vos deixamos as instrucións en forma de imaxe. Así é como a fixemos nós, pero hai moitas maneiras de elaborala.
A gomina é opcional. Pódese cambiar por purpurina con pegamento.
Dende hoxe temos unha botella da calma na nosa mesa da paz. Cada vez que alguén sinta que o seu cerebro está a punto de perder o control, poderase ir a este lugar, axitar fortemente a botella e respirar mentres observa, detidamente, como a purpurina volve a ocupar o seu lugar. Pasado este tempo xa estaremos preparados para pensar con claridade e tomar decisións tranquilamente.
Animámosvos a que todos e todas fagades a vosa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario