Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

jueves, 17 de marzo de 2016

QUE É O MINDFULNESS?

Como xa sabedes puxemos en marcha a meditación, a relaxación e o traballo da atención (Mindfulness) na nosa aula con diversas estratexias que xa fomos comentando neste blog.
Pero para que vos fagades unha mellor idea de que é iso que tentamos facer cada día cos nosos 25 Incribles Monstros aquí vos deixo un estupendo blog dun cole de Vigo onde traballan o Mindfulness en infantil: "A escola dos sentimentos" (CEIP Virxe do Rocío).
Está tan ben explicado que prefiro remitirvos a el, que tratar de explicalo dende este recuncho. Nós non facemos nin a metade de cousas que eles pero tentámolo. E como puidestes comprobar, parece que deu resultado: os vosos peques están TRANQUILOS E ATENTOS COMO UNHA RA.
Parabéns polo esforzo!
http://aescoladossentimentos.blogspot.com.es/2016/03/10-actividades-de-mindfulness-para-nins.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario