Visitas

E como convidad@...

E como convidad@s...
Os peques Chapela, Beade, os do Celso Emilio, os da Rúa de Cangas, os de Camos, os de Santa Mariña, os do Laxeiro e os de Canicouva (Canimonsters).
Este tamén será sempre o voso recuncho.

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

"ENSINAR É APRENDER DÚAS VECES" J. Joubert

jueves, 26 de mayo de 2016

O MÉDICO DAS EMOCIÓNS

Dende hoxe contamos na aula co médico das emocións. Cada día os dous encargados/as serán os responsables de realizar unha difícil tarefa: "quitar as doenzas emocionais dos 25 incribles monstros".
Para que saibades como funciona vos remito a páxina de onde collimos esta xenial idea (graciñas á autora por compartila).
Refugio de crianza: https://refugiodecrianza.com/2016/02/08/el-botiquin-de-las-emociones/

En clase temos a nosa propia versión. Aquí vos deixo unhas imaxes co noso instrumental médico.

O recuncho do médico das emocións.
Contido do botiquín.
Fonendoscopio para escoitar os problemas do corazón.
Escoitar do cd o exercicio de meditación que o médico considere.

Refuxio para viaxar a un lugar seguro.
Pelota antirabia. Pode cambiarse polo coxín absorbe puños.
Botella da calma.
Caramelos quitapenas.
Tiritas pegabicos.
Vaporizador tranquilizante (contén aceite esencial de lavanda)
Recolle bágoas (e mocos)
Máquina para facer cóxegas.
Venda apertadora
Osiño agasallador de mimos



1 comentario: